- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
8 ACCIÓNS POLOS ODM
Dende a Campaña do Milenio propoñémosche unha serie de iniciativas coas que ser activamente un membro da Xeración ODM. Envíanos ademais unha foto ou proba do teu compromiso ODM e poderás conseguir unha banda branca, símbolo internacional da loita contra a pobreza.
- PROMOVE OS ODM: Descárgache os materiais de difusión desta páxina web.
- INFÓRMATE E PARTICIPA: Nas actividades ODM que teñan lugar na túa cidade. Ti tamén podes participar en talleres, foros sobre cine e debates.
- MOBILÍZATE. En torno ao 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, únete aos millóns de persoas en todo o mundo que se poñen en pé contra a pobreza.
- ACTÚA. Escribe cartas aos medios de comunicación e/ou aos teus representantes e pregúntalles que están facendo en materia de cooperación. Esixe que cumpran.
- COIDA DO MEDIO. Aposta por un consumo responsable de enerxía e auga. Lémbrate de reciclar e de empregar sempre que sexa posible o transporte público e medios non contaminantes como a bici.
- PROMOVE UN CONSUMO RESPONSABLE. Infórmate sobre iniciativas como a agricultura ecolóxica, as cooperativas de consumo consciente ou o comercio xusto...
- ALZA A TÚA VOZ. Se viaxas a un país en desenvolvemento, ou se participas nalgunha acción de voluntariado relacionada cos ODM, conta a túa historia. Podes enviar unha carta a algún medio local, crear un blogue, ou participar na sección "A túa historia ODM" desta páxina web.
- O TEU VOTO CONTA. Se es maior de idade, ante a celebración de eleccións, compara as propostas de cooperación ao desenvolvemento que se recollen nos programas electorais dos partidos políticos.

