- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Acabar coa pobreza extrema no mundo para 2015. Esta é a histórica promesa que subscribiron 189 xefes de Estado e de Goberno no marco do Cumio do Milenio celebrado no ano 2000 na sede de Nacións Unidas, Nova York.
Sobre a base deste acordo internacional, os líderes do mundo se comprometeron a traballar xuntos para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) antes de 2015.
Os ODM representan unha folla de ruta para o desenvolvemento que se concreta en 8 puntos cuxo cumprimento se avalía a través dunha serie de metas e indicadores.
Os esforzos da Campaña do Milenio de Nacións Unidas van dirixidos, principalmente, a promover os ODM xunto con plataformas nacionais e internacionais da sociedade civil, ONGs e entidades gobernamentais, entre outros.
Únete á Campaña do Milenio e forma parte da xeración que acabará coa pobreza extrema no mundo.

