- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Xa superamos a metade do prazo de 15 anos fixado pola Comunidade Internacional para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. A pesar de que nos últimos 7 anos se produciron certos avances, se algunhas tendencias actuais non se corrixen, o cumprimento dos ODM aínda é incerto.
Aínda 1.400 millóns de persoas seguen loitando por sobrevivir con menos dun dólar ao día.
Outras tendencias, non obstante, invitan a un certo optimismo: Durante a década pasada, máis de 200 millóns de persoas escaparon da pobreza extrema; e hoxe van máis nenos ao colexio que en toda a historia da humanidade. Estes avances amosan que os ODM se poden acadar, sempre e cando exista vontade política para elo.
Por iso, é máis urxente que nunca esixir aos nosos Gobernos o cumprimento das promesas que fixeron para acadar os ODM e poñer fin á pobreza extrema no mundo.

