¿Por que os ODM?

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, subscritos no ano 2000 no marco do Cumio do Milenio por 189 xefes de Estado e de Goberno, representan o maior compromiso político no terreo da loita contra a pobreza.

Cos ODM, tanto os países ricos como os pobres recoñecen, por primeira vez, que comparten a responsabilidade de por fin á pobreza e as súas causas fundamentais.

Ademais, os ODM representan unha folla de ruta para facer fronte ás desigualdades e ás inxustizas no mundo. Para medir o seu progreso, cada Obxectivo conta cunha serie de metas e indicadores así como cun prazo para o seu cumprimento.

A adopción das medidas necesarias para acadar os ODM é simplemente unha cuestión de vontade política.