¿Por que eu?

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio son responsabilidade de todos e non se acadarán se non lles esiximos aos nosos representantes políticos que cumpran cos seus compromisos.

O Obxectivo número 8 propón unha Alianza Global para o desenvolvemento na que os países desenvolvidos, como España, se comprometen a achegar máis e mellor axuda ao desenvolvemento, a aliviar a débeda externa dos países máis pobres e a establecer unhas regras de comercio máis xustas que permitan aos países máis pobres avanzar por si mesmos.

Sen escusas. Únete á Campaña do Milenio e a centos de persoas en todo o mundo que esixen aos seus Gobernos que cumpran coas súas promesas de acadar os ODM antes de 2015.