- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Obxectivo número 1 Erradicar a pobreza e a fame
Introdución
Na actualidade, case 1.000 millóns de persoas viven or debaixo do limiar da pobreza, isto é, con menos de 1 euro ao día.
Entre 1990 e 2004, a proporción de persoas en situación de pobreza extrema no mundo reduciuse. Non obstante, resulta necesario un progreso máis rápido para poder acadar esta meta.
Ademais, deben afrontarse novos retos como frear a alza dos cereais que ameaza con incrementar o déficit alimentario en moitos países. Segundo a FAO, este ano os países máis pobres do mundo pagarán de media un 56% máis pola importación de cereais.
Metas do ODM 1
- Reducir á metade, entre 1990 e 2015, a porcentaxe de persoas cuxos ingresos sexan inferiores a 1 dólar por día.
- Acadar pleno emprego e produtivo, e garantir traballo decente para todos, incluíndo mulleres e mozos.
- Reducir á metade, entre 1990 e 2015, a porcentaxe de persoas que padecen fame.
¿Sabías que?
- Na actualidade, case 1.000 millóns de persoas, 20 veces a poboación española, sobreviven con menos de 1 dólar por día. O 70% son mulleres.
- En Asia, rexistrouse o avance máis positivo: 250 millóns de persoas xa superaron o limiar de pobreza.
- Hoxe, a fame afecta a máis de 800 millóns de seres humanos e 13 millóns de nenos e nenas morren cada ano por enfermidades e infeccións directamente relacionadas coa falta de alimentos.
Como acadar o ODM 1
A mediados dos 90, a produción de arroz na África subsahariana resultaba insuficiente ante o crecemento da poboación.
As importacións necesarias para suplir esta carencia supoñían a perda de case mil millóns de dólares ao ano na rexión. E aínda peor, a maioría dos produtores de arroz debían asumir o risco de escoller entre as especies asiáticas de arroz, de alto rendemento pero pouco adaptadas ás condicións africanas, e o arroz ben adaptado pero de baixo rendemento.
A introdución de NERICA, o Novo Arroz para África, (un híbrido entre o arroz de Asia e África de alto rendemento, resistente á seca e cunha rica variedade de proteínas) contribuíu á seguridade alimentaria en países como Congo Brazzaville, Cote d'Ivoire, a República Democrática do Congo, Guinea, Kenya, Malí, Nixeria, Togo e Uganda.
Hoxe, moitos agricultores son capaces de producir suficiente arroz para alimentar ás súas familias e a vez obter beneficios no mercado.

