Educación primaria universal
Introdución

A educación é unha arma fundamental para acabar coas pobreza a medio e longo prazo. Pero, ademais de ser a base para potenciar o desenvolvemento, é un dereito humano ao que todo o mundo debería ter acceso.

Nos últimos 5 anos, 38 millóns de nenos e nenas máis en todo o mundo comezaron a ir ao colexio, pero nos próximos anos será necesario un forte impulso para garantir o seu dereito a unha educación de calidade.

Os expertos insisten ademais en que a educación non é un obxecto máis, senón que é imprescindible para o cumprimento do resto dos ODM.

Metas do ODM 2
  1. Garantir que todos os nenos e nenas poidan terminar un ciclo completo de ensino primario para 2015.
¿Sabías que?

  • Nos últimos 5 anos, 38 millóns de nenos e nenas máis en todo o mundo comezaron a ir ao colexio.
  • Aínda así, máis de 72 millóns non poden ir á escola, dos cales máis da metade son rapazas.
  • O 80% dos menores sen escolarizar atópase na África subsahariana e no Sueste asiático, especialmente en zonas rurais.
  • 2/3 dos analfabetos do mundo son mulleres (Fonte: Axuda en Acción).
  • Conseguir que todos os nenos e nenas de primaria asistan á escola ten un custo estimado de 10.000 millóns de dólares ao ano (a metade da cantidade que os norteamericanos gastan en xeados ao ano). (Fonte: Axuda en Acción).

Como acadar o ODM 2

Tanzania conseguiu garantir a educación primaria gratuíta a tódolos nenos e nenas grazas á axuda facilitada polos países desenvolvidos, pero sobre todo, grazas ao alivio da súa débeda externa en 2002. Estes recursos permitiron que, case dun día para outro, se pasara de 1,6 millóns de rapaces matriculados a 3,1 millóns en 2003.

Estudantes como Winfred Kiyabo finalmente puideron asistir ás escolas. "Cando tiña 9 anos, o meu pai morreu e aí comezaron os problemas. A miña nai non tiña cartos para pagar a escola. Pero agora estou feliz... os dereitos de matrícula suprimíronse, e ninguén me impide ir ao colexio".

Uganda, Malawi, Kenya e Zambia tamén eliminaron nos últimos anos as taxas escolares, facilitando o acceso á escola dunha maior porcentaxe de rapaces.