- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Promover a igualdade entre xéneros
Introdución
A pobreza ten rostro de muller: o 70% das persoas que viven con menos dun dólar ao día no mundo son mulleres.
Por iso resulta imposible falar dunha loita eficaz contra as desigualdades no mundo sen ter en conta o recoñecemento dos dereitos das mulleres.
As mulleres demostraron ademais ser valiosos axentes de cambio social: aqueles países nos que as mulleres gozan de maior igualdade teñen moitas máis posibilidades de acadar os ODM en 2015.
Metas do ODM 3
- Eliminar as desigualdades entre os xéneros no ensino primario e secundario, preferiblemente para 2005, e en todos os niveis de ensino antes de 2015.
¿Sabías que?
- O 70% das persoas que sobreviven con menos de un dólar ao día son mulleres.
- A igual traballo, unha muller recebe entre un 20% e un 50% menos de salario que un home, e aínda que nos países máis pobres a meirande parte delas dedícase fundamentalmente á agricultura, perténcelles só o 1% da propiedade da terra.
- O 60% dos rapaces de primaria que non asiste á escola son nenas, e o 75% dos 876 millóns de analfabetos no mundo son mulleres.
- Só en Ruanda e nos países nórdicos a metade dos parlamentarios son mulleres. En outros 20 países, ocupan 1/3 dos escanos. Pero en moitos outros países, as mulleres quedan apartadas da vida política.
- A igualdade da muller contribúe de xeito significativo á redución da pobreza; supón ingresos adicionais, e tamén facilita melloras noutros aspectos, como a educación ou a saúde.
Como acadar o ODM 3
Bangladesh é un dos exemplos máis alentadores nos avances conseguidos no acceso á educación como vehículo para a igualdade entre os xéneros.
Este progreso viuse facilitado polo incremento da axuda por parte dos países ricos e polo compromiso político, tanto de doantes como do goberno de Bangladesh, que estableceu a educación universal como medio para loitar contra a pobreza e fortalecer o desenvolvemento.
Dúas iniciativas destacan na estratexia seguida polo goberno de Bangladesh: o programa "Alimentos por educación", para incentivar aos pais e enviar aos seus fillos, e particularmente ás súas fillas, á escola a cambio de alimentos; e o "Programa de Soldos para Mulleres", destinado a subvencionar a nenas para que accedan á educación secundaria.

