Reducir a mortalidade infantil
Introdución

A pobreza semella implacable cos máis vulnerables e indefensos. É unha das súas caras máis duras. Nos países de renda baixa, un de cada 10 nenos morre antes de cumprir cinco anos; mentres que nos países desenvolvidos, esta cifra descende a un de cada 143.

Os expertos sinalan que, xunto coa mellora da nutrición e o acceso a medicamentos, un elemento clave para reducir a mortalidade infantil é facilitar o acceso da muller á sanidade e á educación.

Metas do ODM 4
  1. Reducir en 2/3 partes a taxa de mortalidade dos nenos menores de 5 anos para 2015.
¿Sabías que?
  • A mortalidade infantil está moi vinculada á pobreza, o 99% das mortes de menores de cinco anos ten lugar nos países pobres.
  • Cada ano, 10 millóns de nenos morren antes de cumprir 5 anos por causas relacionadas coa pobreza, como a mala nutrición e a falta de auga potable, ou por enfermidades facilmente previbles coma o sarampelo ou a malaria.
  • Hoxe, ¾ partes dos menores de cinco anos xa están vacinados; non obstante, 2/3 dos nenos e nenas sen vacinar viven en tan só 6 países: China, República do Congo, A India, Indonesia, Nixeria e Paquistán.
Como acadar o ODM 4

Grazas aos recursos e ao apoio proporcionados polos países ricos e organizacións das Nacións Unidas, o Goberno de Eritrea puido iniciar un intenso programa de saúde orientado a reducir a mortalidade infantil no país.

En tres anos, de 1999 a 2002, o número de nenos vacinados no país aumentou dun 9,6% a un 76%. Ademais, o goberno eritreo puxo en marcha un sistema integral para o tratamento de enfermidades infantís (AEPI), que permitía unha aproximación completa á saúde de nenos e bebés.

A axuda dos doantes tamén foi fundamental para facer posible o terceiro fundamento deste exitoso programa: a capacitación do persoal sanitario. Máis de 500 novos traballadores da saúde recibiron formación sobre os métodos AIEPI, así como a previr e curar enfermidades infantís