Reducir a mortalidade materna
Introdución

Cada minuto, morre unha muller por causas relacionadas co embarazo: o 99% destas mortes ten lugar en países en desenvolvemento.

Como consecuencia da escaseza de servizos sanitarios especializados, a maternidade vai acompañada dun alto risco para a saúde para moitas mulleres nos países pobres.

Ademais, o 20% das mortes de menores de 5 anos nos países en desenvolvemento teñen unha relación directa coa saúde materna.

Metas do ODM 5
  1. Reducir en ¾ a taxa de mulleres que morren durante o embarazo ou o parto para 2015.
  2. Acadar, para 2015, o acceso universal á saúde reprodutiva.
¿Sabías que?
  • Máis de 500.000 mulleres morren cada ano no mundo por falta de coidados médicos adecuados durante o embarazo ou parto.
  • Mentres que nos países ricos morre 1 muller por cada 2.800 partos, nos países máis pobres a proporción é de 1 de cada 16.
  • No este e sueste asiático e no norte de África, un 80% dos partos xa son atendidos por persoal cualificado.
  • As zoas rurais soen rexistrar un menor índice de atención especializada: por cada tres mulleres que son atendidas por persoal cualificado en áreas urbanas, só unha recebe este tipo de atencións nas zoas rurais.
Como acadar o ODM 5

Países como Bangladesh ou Exipto conseguiron reducir en poucos anos os índices de mortalidade materna centrándose na formación de persoal especializado, a mellora dos servizos de saúde básicos e de urxencia, e a promoción de programas de planificación familiar e renovación das infraestruturas sanitarias, especialmente nas zoas rurais.

Os países desenvolvidos e doantes deben facilitar os recursos necesarios para acometer estas reformas a través da axuda ao desenvolvemento e a cancelación da débeda, e establecer como prioridade nos seus programas de desenvolvemento os dereitos da muller, incluíndo os seus dereitos reprodutivos.