- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Vista global dos obxectivos Obxectivos
Introdución
En setembro do ano 2000, 189 xefes de Estado e Goberno, reunidos na sede das Nacións Unidas en Nova York, asinaron a Declaración do Milenio, comprometéndose a traballar xuntos para erradicar a pobreza extrema no mundo.
Sobre a base de este novo acordo internacional establecéronse os denominados Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), 8 metas que representan hoxe en día o maior compromiso da historia da humanidade na loita contra as desigualdades.
Os 8 ODM engloban, por primeira vez, unha visión integral da pobreza e contan cunha serie de metas e indicadores para controlar o seu progreso. Ademais establecen unha data límite para o seu cumprimento: o ano 2015.
Como acadar os ODM
O ano 2015 é a data fixada por a Comunidade Internacional para acadar os ODM.
Segundo recollen diferentes informes da ONU, nos últimos anos producíronse algúns adiantos, pero o futuro dos ODM aínda é incerto. Ademais, este progreso foi desigual nas diferentes rexións do mundo, sendo a África subsahariana a máis prexudicada.
Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio son unha cuestión de vontade política e non se acadarán se non lles esiximos aos nosos representantes políticos que cumpran cos seus compromisos.
¿POR QUÉ COS ODM É POSIBLE?
Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio son únicos en moitos sentidos:
- Son un compromiso asumido ao máis alto nivel político. Os países máis pobres acordaron fortalecer as súas institucións e deseñar unhas políticas de desenvolvemento que garanta servizos sociais básicos para os seus cidadáns. Pola súa parte, os países desenvolvidos se comprometeron a achegar máis recursos. Dende as principais institucións financeiras internacionais (o Banco Mundial, o FMI, os bancos rexionais de desenvolvemento, e cada vez máis, numerosos Estados membro da Organización Mundial do Comercio) tamén asumiron un alto grado de responsabilidade no cumprimento dos ODM.
- O mundo nunca vivira con anterioridade un período de tanta prosperidade. Estímase que para acadar os ODM tan só son necesarios arredor de 50 mil millóns de dólares de axuda adicional por ano. Só en 2003, os Gobernos do mundo investiron cerca de 900 mil millóns de dólares en armamento.
- O progreso nos ODM mídese a través dunha serie de metas e indicadores con datas límite para o seu cumprimento. Os Obxectivos non son só unha declaración de intencións, senón que contan cunha serie de mecanismos de control como os informes anuais de NNUU. Ademais, numerosas organizacións da sociedade civil de todo o mundo tamén elaboran os seus propios informes a nivel nacional para controlar este progreso.
- Os ODM son claramente acadables. Algunhas persoas incluso os consideran un compromiso de mínimos. Non acadalos sería moralmente inaceptable. Ademais, as boas prácticas dalgúns países xa demostraron que estas metas poden acadarse no espazo de 10-15 anos.

