Socios

Os esforzos da Campaña do Milenio de Nacións Unidas van dirixidos principalmente a reforzar e consolidar a labor de promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio xunto con plataformas nacionais e internacionais da sociedade civil e entidades gobernamentais, entre outros.

Dende os seus comezos, a Campaña colabora de xeito activo con estes actores para a promoción dos ODM. Entre as actividades máis destacadas da Campaña do Milenio en España atópanse iniciativas de incidencia política, sensibilización cidadá e mobilización.