- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Os Gobernos locais son eixo fundamental na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Nos países desenvolvidos, as súas achegas fundamentais céntranse no ámbito da sensibilización cidadá e a incidencia política.
A proximidade destas institucións ao cidadán facilitan a articulación de actividades para a difusión dos ODM. Ademais, os entes locais contan coa lexitimidade política necesaria para esixir aos Gobernos centrais o cumprimento dos ODM en nome dos seus electores.
A Campaña do Milenio colabora con redes nacionais e internacionais de gobernos locais como o Consejo de Municipios y Regiones de Europa, a Federación Española de Municipios y Provincias, e a organización Ciudades y Gobiernos Locales Unidos para a promoción dos ODM.
ALGUNHAS PROPOSTAS PARA OS GOBERNOS LOCAIS
- SEMANA ODM: Iniciativa para articular unha semana dedicada á promoción dos ODM. Inclúe unha proposta de actividades e información sobre algúns recursos de utilidade.
- UNIDADE DE VOCES CONTRA A POBREZA: Esta ferramenta busca achegar a mensaxe dos ODM á cidadanía e motivala a que participe activamente recollendo as súas mensaxes de apoio.
- CAMPAÑA ODM: Campaña de publicidade sobre os ODM deseñada e adaptada aos soportes comunicativos máis comúns dentro do mobiliario urbano de cidades e vilas.





