- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
A través do traballo conxunto con numerosas redes e organizacións xuvenís, a Campaña do Milenio busca achegar os ODM aos máis mozos e contribuír á transmisión de valores para unha cidadanía solidaria e responsable.
Os ODM convértense nun ilustrativo fío condutor para reflexionar sobre o mundo que nos rodea. E ofrecen, ao tempo, un espazo a nenos e mozos para implicarse na loita contra a pobreza e as súas solucións.
Entre as actividades máis destacadas da Campaña do Milenio con nenos e mozos atópanse os talleres de sensibilización sobre os ODM T8! e Persiguiendo un sueño, organizados conxuntamente coa Fundación "La Caixa". A Campaña colabora tamén coa Asociación de Scouts de España e traballa xunto con redes educativas como a Campaña Mundial pola Educación para a promoción dos ODM.




