- Castellano
- Català
- Euskera
- Galego
Dende os seus inicios, a Campaña buscou xuntar os seus esforzos cos da sociedade civil para reclamar aos gobernos que actúen e cumpran coas súas promesas para o 2015. E son múltiples os actores que dende este sector contribúen a un maior coñecemento dos ODM.
A Campaña do Milenio é membro da Alianza Española contra la Pobreza, plataforma que aglutina a máis dun millar de organizacións entre ONGs, sindicatos e movementos e plataformas sociais. Os esforzos da Alianza van dirixidos principalmente a reforzar e consolidar o labor da promoción dos ODM e a mobilización cidadá.
Ademais, a Campaña colabora de forma bilateral con sindicatos, organizacións relixiosas e ONGs de desenvolvemento en diversos proxectos de sensibilización nos que ti podes involucrarte.
PARTICIPA
- REBÉLATE CONTRA A POBREZA: En torno ao 17 de outubro, a Alianza Española contra la Pobreza súmase ás mobilizacións globais para esixir o cumprimento dos ODM.
- SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN: A Campaña Mundial pola Educación organiza cada mes de abril unha Semana de Acción para esixir o dereito á educación na que participan máis de 700 centros escolares.
- MÓVETE POLA IGUALDADE: Dar visibilidade á situación das mulleres no Sur e a aquelas iniciativas que buscan mellorar as súas condicións de vida: Estes son os obxectivos desta campaña que organiza centos de actividades ao longo do ano.
- O BUS DO MILENIO: Súbete ao bus do milenio nunha apaixonante viaxe cara á saúde universal. Reclama o dereito universal a saúde como unha das bases fundamentais do desenvolvemento.
- CAMPAÑA STOP! SIDA: Participa nas actividades didácticas e de divulgación desta campaña sobre o VIH/SIDA e o desenvolvemento.






